Escolle os cursos nos que teñas interese e cubre o formulario de solicitude de praza.
Coas solicitudes recibidas abrimos un proceso de selección en función das prazas dispoñibles.
Se resultas seleccionada/o contactaremos contigo días antes da data de comezo do curso para facilitarche os datos de acceso e pagamento.
ALUMNADO TEA: INCLUSIÓN, PROTOCOLO, RECURSOS, AULAS MULTISENSORIAIS E SNOEZELEN, SAACS E ORIENTACIÓNS PARA ADAPTACIÓNS CURRICULARES (en rede)
Introdución:
Cada vez chegan máis diagnósticos especialmente ás aulas de infantil pero tamén a primaria e secundaria de alumnado con TEA moi diverso e cunhas características comúns e ao mesmo tempo moi diferentes ao atoparnos dentro dun espectro moi amplo e variable.
Como atendelos? Como dar unha resposta educativa á súa diversidade? Como explicarlles o que lles sucede? Que función temos como mestres titores, especialistas de AL/PT, DO...? Que metodoloxías son as máis adecuadas para atender a este alumnado? Como continuar ao longo das etapas educativas a darlle a atención educativa que precisan? ... Estas son só algunhas das preguntas que nos surxen cada día a máis mestres e mestras cando nos chega un alumno/a con TEA ou temos sospeitas ao respecto.
Con este curso pretendemos darlles resposta centrándonos na parte práctica, a que todos necesitamos no día a día pero partindo do actual Protocolo así coma da lexislación ao respecto e das metodoloxías activas que funcionan na aula. Teremos tamén en conta todas as posibilidades que nos ofrecen os centros educativos, os diferentes equipos que o conforman e sempre partindo da coordinación e colaboración entre todo o profesorado que será clave para atender adecuadamente a diversidade deste alumnado.
E todo isto sen esquecer que ese alumnado pode estar en educación infantil (na maioría de casos xa cun diagnóstico ou en proceso de valoración), educación primaria e tamén educación secundaria. En tódalas etapas van precisar dunha especial atención e medidas ordinarias que garantan a súa inclusión real e que poidan rematar a súa escolarización acadando o éxito educativo.
Obxectivos:
- Coñecer de primeira man o Protocolo para o tratamento educativo do alumnado con trastorno do espectro do autismo (TEA).
- Saber aplicalo de xeito adecuado na aula ordinaria tanto en ed.infantil coma en ed.primaria e secundaria.
- Coñecer diferentes metodoloxías axeitadas para o traballo co alumnado con TEA.
- Manexar termos e conceptos clave relacionados co TEA.
- Coñecer e diferenciar as funcións dos mestres especialistas de PT e AL así coma do Departamento de Orientación.
- Coñecer as vías de coordinación entre as titorías e os mestres especialistas de PT/AL, DO e demais especialistas.
- Aplicar o protocolo á aula ordinaria adaptando actividades e empregando metodoloxías activas.
- Coñecer e saber empregar metodoloxías novas na aula como os xogos de mesa e os seus beneficios tanto para o alumnado con TEA coma para o resto do alumnado.
- Aprender a ter en conta a todo o alumnado, especialmente ao alumnado con TEA nas actividades diarias así coma en momentos especiais como as saídas/excursións, recreos e tempos de lecer, actividades complementarias…
- Coñecer as Aulas multisensoriais e Snoezelen e o seu funcionamento e beneficios para este alumnado.
- Coñecer os SACCS máis utilizados polo alumnado TEA na actualidade.
- Coñecer e saber poñer en marcha a recentemente publicada Guía “A educación emocional en alumnado con TEA”. Manual de axuda para os centros educativos.
- Contar con Orientacións para Adaptacións Curriculares.
Contidos:
1. Alumnado con TEA. Características principais.
- Necesidades educativas.
- Potencialidades.
- Perfil sensorial.
2. Protocolo para o tratamento educativo do alumnado con trastorno do espectro do autismo (TEA).
- Como poñelo en marcha na aula ordinaria en educación infantil, primaria e secundaria. A funcións do titor/a.
- Estratexias metodolóxicas destacadas.
- Os xogos de mesa como grandes aliados. EDLG, Equipo de dinamización da biblioteca, Polos creativos...
3. Coordinación e traballo en equipo do profesorado.
- Asesoramento do Departamento de Orientación e dos mestres especialistas PT e AL.
- Funcións dos especialistas de PT/AL.
- Coordinación con estes á hora de levar a cabo o protocolo así coma coas familias
- Momentos de especial relevancia a ter en conta: recreos, tempos de lecer, excursións/saídas e visitas.
4. Adaptacións de actividades e exames. Avaliación do alumnado con TEA.
5. Outros protocolos e materiais de axuda para traballar co alumnado con TEA.
6. Aulas multisensoriais e Snoezelen.
7. SACCS.
8. Guía “A educación emocional en alumnado con TEA”. Manual de axuda para os centros educativos.
9. Orientacións para Adaptacións Curriculares.
DURACIÓN .
30 horas
PRAZO DE INSCRICIÓN .
Até o 19 de outubro
As persoas admitidas recibirán un correo electrónico nos días previos ao inicio do curso. Se finalmente non poden participar, deberán comunicalo á organización coa maior antelación posíbel para ofrecerlle a súa praza poida ser ofrecida a outra persoa interesada.
DATAS .
Do 20 de outubro ao 12 de novembro
LUGAR .
En rede (a través da aula virtual https://aulavirtual.cig-ensino.gal/login/index.php)
PREZO .
· Afiliadas da CIG-Ensino e socias da AS-PG, 15 euros
· Outras persoas asistentes, 65 euros
HOMOLOGACIÓN .
Este curso ten solicitada a homologación (por 30 horas) da Consellería de Educación
CONTACTO E INFORMACIÓN .
AS-PG / CIG-ENSINO
informacion@as-pg.gal
formacion@cig-ensino.gal
Docentes .
Inés Noche Neira
Laura Ríos Calviño
Gloria Estévez Santiago
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE DE IA. CREACIÓN DE RECURSOS E ESTRATEXIAS PARA O ENSINO INCLUSIVO. CDD B2. A2 E A5 2ª EDICIÓN (en rede)
OBXECTIVOS .
- Deseñar e realizar propostas didácticas adaptadas á diversidade do alumnado integrando contidos dixitais de diferentes fontes, e incluíndo elementos de creación propia baseados no currículo
- Integrar contidos dixitais nas plataformas da AE (Administración Educativa), aplicando criterios técnicos.
- Promover a accesibilidade e a inclusión nas propostas creadas (tipografía, tamaño, combinación de cores, fondos...)
- Deseñar e aplicar procedementos sistematizados para avaliar e adaptar contidos dixitais, a través de ferramentas da IA
- Deseñar itinerarios de aprendizaxe adaptativos en ferramentas da AE que integran a IA, para facilitar a aprendizaxe do alumnado
CONTIDOS .
- Deseño e creación de contidos dixitais accesibles e inclusivos, con ferramentas da IA
- Emprego e análise de ferramentas da IA para creación, adaptación e avaliación de contidos.
- Deseño de itinerarios personalizados en secuencias didácticas empregando ferramentas da IA, mediante a creación de contidos, atendendo ás necesidades do alumnado
DURACIÓN .
30 horas
PRAZO DE INSCRICIÓN .
Até o 16 de novembro
As persoas admitidas recibirán un correo electrónico nos días previos ao inicio do curso. Se finalmente non poden participar, deberán comunicalo á organización coa maior antelación posíbel para ofrecerlle a súa praza poida ser ofrecida a outra persoa interesada.
DATAS .
Do 17 de novembro ao 16 de decembro
LUGAR .
En rede (a través da aula virtual https://aulavirtual.cig-ensino.gal/login/index.php)
PREZO .
· Afiliadas da CIG-Ensino e socias da AS-PG, 15 euros
· Outras persoas asistentes, 65 euros
HOMOLOGACIÓN .
Este curso ten solicitada a homologación (por 30 horas) da Consellería de Educación
CONTACTO E INFORMACIÓN .
AS-PG / CIG-ENSINO
informacion@as-pg.gal
formacion@cig-ensino.gal
No momento de realizares a inscrición comproba que os teus datos persoais son correctos. O nome e apelidos serán os que figurarán no certificado acreditativo de ter superado a actividade. Revisa tamén o enderezo electrónico, porque será o medio que empregaremos para confirmar a túa admisión e toda a información relacionada co curso.
Docente .
David Ramos Castellano
ALUMNADO TDA E TDAH. INCLUSIÓN, RECURSOS E PROTOCOLO (en rede)
Introdución:
Este curso pretende ofrecer unha visión práctica e actualizada sobre o alumnado con TDA e TDAH, afondando nas súas características, necesidades e potencialidades, así como no coñecemento e aplicación do Protocolo de consenso sobre TDAH nos ámbitos educativo e sanitario.
A atención á diversidade constitúe un dos grandes retos da educación actual, facendo necesario que o profesorado dispoña de ferramentas, recursos e estratexias que lle permitan responder de maneira eficaz ás necesidades de todo o alumnado. Entre estas necesidades están as do alumnado con Trastorno por Déficit de Atención (TDA) e Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH), cuxa presenza nas aulas require unha intervención educativa coordinada e inclusiva.
Obxectivos:
- Coñecer de primeira man o Protocolo para o tratamento educativo do alumnado TDA e TDAH
- Saber aplicalo de xeito adecuado na aula ordinaria tanto en ed.infantil coma en
ed.primaria e secundaria.
- Coñecer diferentes metodoloxías axeitadas para o traballo co alumnado con TDA e TDAH.
- Coñecer e diferenciar as funcións dos mestres especialistas de PT e AL así coma do Departamento de Orientación.
- Coñecer as vías de coordinación entre as titorías e os mestres especialistas de PT/AL, DO e demais especialistas.
- Aplicar o protocolo á aula ordinaria adaptando actividades e empregando metodoloxías activas.
- Coñecer e saber empregar metodoloxías novas na aula como os xogos de mesa
e os seus beneficios tanto para todo o alumnado coma para o alumnado con TDAH/TDA de xeito especial.
- Aprender a ter en conta a todo o alumnado, especialmente ao alumnado con TDA e TDAH nas actividades diarias así coma en momentos especiais como as saídas/excursións, recreos e tempos de lecer, actividades complementarias...
Contidos:
1. Alumnado con TDA e TDAH. Características principais.
- Necesidades educativas.
- Potencialidades.
2.Protocolo de consenso sobre TDAH na infancia e na adolescencia nos ámbitos educativo e sanitario.
- Como poñelo en marcha na aula ordinaria en educación infantil, primaria e secundaria. As funcións do titor/a.
- Estratexias metodolóxicas destacadas.
- Os xogos de mesa como grandes aliados. EDLG, Equipo de dinamización
da biblioteca, Polos creativos...
3. Coordinación e traballo en equipo do profesorado.
- Asesoramento do Departamento de Orientación e dos mestres
especialistas PT e AL.
- Funcións dos especialistas de PT/AL.
- Coordinación con estes á hora de levar a cabo o protocolo así coma coas familias
- Momentos de especial relevancia a ter en conta: recreos, tempos de lecer, excursións/saídas e visitas…
4. Adaptacións de actividades e exames. Avaliación.
5. Outros protocolos e materiais de axuda para traballar co alumnado con TDA e TDAH.
DURACIÓN .
30 horas
PRAZO DE INSCRICIÓN .
Até o 16 de novembro
As persoas admitidas recibirán un correo electrónico nos días previos ao inicio do curso. Se finalmente non poden participar, deberán comunicalo á organización coa maior antelación posíbel para ofrecerlle a súa praza poida ser ofrecida a outra persoa interesada.
DATAS .
Do 17 de novembro ao 16 de decembro
LUGAR .
En rede (a través da aula virtual https://aulavirtual.cig-ensino.gal/login/index.php)
PREZO .
· Afiliadas da CIG-Ensino e socias da AS-PG, 15 euros
· Outras persoas asistentes, 65 euros
HOMOLOGACIÓN .
Este curso ten solicitada a homologación (por 30 horas) da Consellería de Educación
CONTACTO E INFORMACIÓN .
AS-PG / CIG-ENSINO
informacion@as-pg.gal
formacion@cig-ensino.gal
No momento de realizares a inscrición comproba que os teus datos persoais son correctos. O nome e apelidos serán os que figurarán no certificado acreditativo de ter superado a actividade. Revisa tamén o enderezo electrónico, porque será o medio que empregaremos para confirmar a túa admisión e toda a información relacionada co curso.
NOCHE NEIRA, INÉS
RÍOS CALVIÑO, LAURA
ESTÉVEZ SANTIAGO, GLORIA
MAPAS TEXTUAIS PARA A MELLORA DA COMPETENCIA COMUNICATIVA DESDE UNHA PERSPECTIVA GALEGA (en rede)
OBXECTIVOS .
- Coñecer o marco legal.
- Colaborar na consecunción de proxectos comúns e coordinarse coas compañeiras e compañeiros.
- Coñecer o currículo común das linguas oficiais e o currículo das linguas adicionais.
- Desenvolver habilidades, sevirse de coñecementos e usar ferramentas para xerar e motivar procesos de aprendizaxe no alumnado.
- Desenvolver a metodoloxía TIL, como metodoloxía activa para a didáctica das linguas e para a normalización da lingua galega.
- Desenvolver prácticas educativas innovadoras para a mellora e o desenvolvemento das competencias do alumnado.
- Aplicar o enfoque comunicativo para a mellora da competencia comunicativa e da competencia plurilingüe do alumnado en todas as áreas.
- Elaborar un "mapa textual" que recolla a distribucion dos textos entre as distintas linguas.
CONTIDOS .
- O marco legal.
- O Proxecto Lingüístico de Centro (PLC)
- O currículo.
- As metodoloxías activas.
- O Tratamento Integrado de Linguas (TIL)
- O enfoque comunicativo.
- As subcompetencias comunicativas.
- Os tipos de texto e os xéneros discursivos.
- As secuencias didácticas con enfoque comunicativo.
- O mapa textual desde un tratamento integrado das linguas para normalizar a lingua galega.
DURACIÓN .
30 horas
PRAZO DE INSCRICIÓN .
Até o 16 de novembro
As persoas admitidas recibirán un correo electrónico nos días previos ao inicio do curso. Se finalmente non poden participar, deberán comunicalo á organización coa maior antelación posíbel para ofrecerlle a súa praza poida ser ofrecida a outra persoa interesada.
DATAS .
Do 17 de novembro ao 16 de decembro
LUGAR .
En rede (a través da aula virtual https://aulavirtual.cig-ensino.gal/login/index.php)
PREZO .
· Afiliadas da CIG-Ensino e socias da AS-PG, 15 euros
· Outras persoas asistentes, 65 euros
HOMOLOGACIÓN .
Este curso ten solicitada a homologación (por 30 horas) da Consellería de Educación
CONTACTO E INFORMACIÓN .
AS-PG / CIG-ENSINO
informacion@as-pg.gal
formacion@cig-ensino.gal
No momento de realizares a inscrición comproba que os teus datos persoais son correctos. O nome e apelidos serán os que figurarán no certificado acreditativo de ter superado a actividade. Revisa tamén o enderezo electrónico, porque será o medio que empregaremos para confirmar a túa admisión e toda a información relacionada co curso.
Docente .
Sofía Rama Lorenzo